Clubs cos que traballa Soricastel
Sports & Merchandising

Categorías de produto

MÁIS DE 20 ANOS XUNTO A EQUIPOS DE ELITE

Soricastel, líder no sector do merchandising deportivo, con vinte anos de experiencia profesional xunto a equipos profesionais de fútbol.

O noso catálogo integra máis de 25 clubs oficiais de fútbol de primeira e segunda división española, así como numerosos proxectos para La Liga, e unha crecente oferta noutros deportes, sectores de ocio e entretemento.

Contamos ademais cun experto equipo profesional capaz de desenvolver proxectos totalmente personalizados nun tempo récord, adaptando todos os parámetros ás necesidades do noso cliente.

Por que Soricastel?

Por que Soricastel?

VALORES

  • EXCELENCIA

    Produto de primeira calidade, tanto en acabados como en aplicacións. Proxectos ad hoc onde sempre buscamos a satisfacción dos nosos clientes. Consulta a área de produto para ver parte da nosa colección.

  • CREATIVIDADE

    O noso equipo de deseño e produto sempre atopa a mellor solución para o teu proxecto. Estamos afeitos a tratar con licenzas, equipos de márketing e creativos. Falamos o teu idioma.

  • ESPECIALISTAS EN DEPORTE

    Contamos cunha dilatada experiencia como licenciatarios de clubs de primeiro nivel. Queres levar o teu equipo ao seguinte nivel? Pregúntanos sen compromiso.

Clientes

QUE DICIDEN OS NOSOS CLIENTES?

  • Gran profesionalidade, calidade no produto, flexibilidade e capacidade de adaptación en prazos e circunstancias especiais que se viven na industria do fútbol a diario. Proximidade e, en definitiva, unha empresa cun gran coñecemento e experiencia dilatada no mundo do fútbol. Desde hai anos licenciatario oficial de produto do RC Celta.

    Carlos CaoRC Celta de Vigo
  • Soricastel é unha compañía TOP coa que conseguimos uns resultados óptimos. Son unha empresa realmente profesional e o seu produto ten unha calidade excepcional. Licenciatario oficial e partner do Valencia CF desde hai anos.

    Jorge GarcíaValencia C.F.
  • A nosa experiencia con Soricastel foi sempre positiva, son un referente no merchandising deportivo. Axilidade, calidade de servizo e sobre todo o trato persoal do seu equipo, liderado por Toni Castellano.

    Ignacio DopicoRC Deportivo de La Coruña